Pemade

Autonómicos

Convenio plurianual de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e a Universidade de Santiago de Compostela

Convenio plurianual de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e a Universidade de Santiago de Compostela para fomentar o emprego do castiñeiro e a súa contribución á descarbonización do sector da construción.

Periodo: 2023–2025

Orzamento: 351.653,01 €

O obxectivo principal deste convenio entre XERA e USC-PEMADE é impulsar o uso de frondosas autóctonas, especialmente o castiñeiro, como eixo estratéxico para descarbonizar a edificación e promover a madeira local. Para conseguilo, as actividades céntranse en:

Investigar a viabilidade normativa do castaño con alta humidade.

Desenvolver forxados mixtos de madeira e formigón que optimicen o uso de materiais.

Potenciar o software de cálculo TRABE con novas funcións estruturais.

O proxecto remata cunha labor de difusión e formación técnica mediante vídeos divulgativos, facilitando que fabricantes e prescriptores integren con éxito estas solucións sostibles nos seus procesos construtivos.