Pemade

Life

Proxecto LIFE Lugo+Biodinámico

Planificación dun barrio multi-ecolóxico como modelo de resiliencia urbana (LIFE 14 CCA/ES/489)

 

Periodo: 2016–2020

Orzamento: Proxecto Europeo de Adaptación ao Cambio Climático con un orzamento de 3.588.551 €, cofinanciado pola Deputación de Lugo.

  • Consorcio:
  • Concello de Lugo (Coordinador)
  • Universidade de Santiago de Compostela
  • Universidade Politécnica de Madrid
  • 3edata (Xestión e control financeiro)

O obxectivo principal de LIFE Lugo+Biodinámico é poñer en práctica na cidade de Lugo unha estratexia innovadora de planificación urbana destinada a actuacións de escala intermedia en barrios ou áreas residenciais, para acadar tecidos urbanos resilientes e adaptados ás consecuencias e efectos do cambio climático.

Actuacións destacadas:

Deseño e construción do edificio de madeira estrutural "Impulso Verde".

Creación dun arboreto con hábitats naturais de Galicia e parcelas demostrativas de frondosas autóctonas.

Recuperación dun humidal en zona industrial e elaboración dun Plan Director Biodinámico.

Web: https://www.lugobiodinamico.eu/es/