Curso de formación específica: cálculo de estruturas de madeira
Xuño–xullo 2025 [100 h. xoves, venres e sábado]
Formación no laboratorio de ensaios de estruturas que permite un mellor coñecemento estrutural da madeira. Formación en cálculo mediante a resolución práctica de proxectos, posibilitando a aprendizaxe de conceptos teóricos no marco das necesidades do desenvolvemento dos exercicios prácticos. Contacto co sector industrial da madeira a través de visitas a obras e entidades.
En colaboración coa Axencia Galega da Industria Forestal – XERA