Convenio plurianual de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e a Universidade de Santiago de Compostela
Convenio plurianual de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e a Universidade de Santiago de Compostela para a posta en valor de especies forestais de crecemento en Galicia e promoción da madeira na construción.
Periodo: 2019–2022
Orzamento: 517.000 €
O “Convenio de colaboración para a posta en valor de especies forestais de crecemento en Galicia e promoción da madeira na construción”, asinada entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), enmárcase dentro do ámbito estratéxico da promoción da construción con madeira, definido na Axenda de Impulso á Industria Forestal da Xunta de Galicia. O convenio ten como principais obxectivos: primeiro, poñer en valor as especies forestais de crecemento en Galicia mediante a caracterización estrutural das especies máis representativas do territorio; segundo, promover a madeira na construción mediante o impulso do produto local e a transferencia da investigación desenvolvida.