Pemade

Outros

Revierte

Bioeconomía forestal e xestión da auga como revulsivo para a reactivación das comarcas do noreste de Granada

Periodo: 2024–2025

Orzamento: Iniciativa da Fundación Biodiversidad dentro do marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – Next Generation EU.

Consorcio:

  • Universidade de Granada (Coordinador a través de UIMA e do Laboratorio MEMOLab)
  • PEMADE – Universidade de Santiago de Compostela
  • Universidade Pablo de Olavide (Laboratorio DendrOlavide)
  • Asociación de Propietarios Forestales (FORET)
  • Asociación para a Certificación Española Forestal (PEFC ESPAÑA)
  • IGME-CSIC
  • 3edata

REVIERTE ten como obxectivo xeral actuar en toda a cadea de valor forestal (monte–industria), aplicando un enfoque de xestión integrada forestal e hidrolóxica que valorice o recurso da madeira e da auga como estratexia para reverter a actual dinámica de despoboación e envellecemento no noreste da provincia de Granada.

Obxectivos específicos:

Desenvolver e implantar un modelo silvícola en Granada que fomente o aproveitamento sostible da madeira mediante unha xestión forestal activa, preventiva e adaptativa.

Conservar e mellorar os manejos tradicionais da auga en Granada e a súa gobernanza.

Aumentar a resiliencia das masas forestais e os recursos hídricos de Granada fronte ao cambio climático.

Web: https://revierte.es/