Pemade

Impulsando a enxeñaría da madeira estrutural desde 2008. Pemade é unha Plataforma Tecnolóxica da Universidade de Santiago de Compostela, integrada na Área de Infraestruturas de Investigación (RIAIDT) e na Unidade de Xestión Ambiental e Forestal Sostible (Uxafores).

Baixo este respaldo institucional, vinculamos a investigación aplicada coa docencia para formar os futuros profesionais do sector e desenvolver solucións construtivas innovadoras. O noso compromiso é transferir este coñecemento académico ao mercado, colaborando con empresas e administracións para converter a madeira no motor dunha construción sostible e en harmonía cos nosos bosques.

Dimensionamento de estruturas de madeira segundo o Código Técnico da Edificación (CTE)

Acceder á web de Trabe

Life Timber for all

Descarbonización de estruturas de formigón mediante o almacenamento de carbono en sistemas estruturais mixtos de madeira e formigón para unha arquitectura industrializada sostible na Nova Bauhaus Europea

Acceder ao proxecto