Pemade

Life

LIFE Wood for Future

LIFE Wood for Future (LIFE 20 CCM/ES/001656)
Recuperación das alamedas da Vega de Granada para a biodiversidade e o secuestro de carbono

Periodo: 2021–2025

Orzamento: Proxecto do Programa LIFE da Unión Europea con un orzamento total de 2,9 millóns de euros, financiado a través da Axencia Executiva Europea para o Clima, Infraestruturas e Medio Ambiente (CINEA).

Consorcio:

  • Universidade de Granada (Coordinador)
  • Plataforma de Enxeñaría Estrutural da Madeira (PEMADE) – Universidade de Santiago de Compostela
  • Confederación de Organizacións de Selvicultores de España (COSE)
  • Deputación de Granada
  • 3edata

O proxecto LIFE Wood for Future é unha iniciativa de mitigación do Cambio Climático do Programa LIFE da UE, que busca recuperar as alamedas da Vega de Granada para mellorar a biodiversidade e conseguir un secuestro de carbono a longo prazo mediante bioproductos estruturais.

O proxecto céntrase na comarca da Vega de Granada, nas zonas nas que a proliferación de cultivos agrícolas intensivos substituíu as choperas, incluíndo 15 municipios desta área. Aínda así, terá repercusión máis aló desta rexión, ao buscar replicar e transferir os resultados do proxecto a outras rexións de España e da Unión Europea, dotándoo dunha vocación demostrativa.

Resultados esperados:

Creación dunha Agrupación de Ecoproductores de chopo e dun viveiro certificado en Granada.

Desenvolvemento dun modelo silvícola de mellora ambiental e ferramentas de avaliación da calidade da madeira (TIK).

Incorporación do chopo na norma EN 1912 como especie estrutural e creación de bioproductos para a construción.

Restauración de 2 km de ribeira e aplicación de esquemas de Carbon farming.

Web: https://life-woodforfuture.eu/