Pemade

Life Timber for all

O pasado 12 de setembro de 2025 celebramos en Santiago de Compostela a xornada de lanzamento do proxecto LIFE Timber for All: Estruturas Mixtas Madeira–Formigón: Impulso da Construción Sostible e Industrializada en Galicia.
Life Timber for All

Life Timber for all

O encontro tivo lugar no Centro de Formación da Fundación Laboral da Construción e marcou o inicio oficial dun proxecto destinado á descarbonización do sector mediante solucións híbridas innovadoras.

🌱 Durante a mañá presentáronse os resultados do proxecto LIFE Wood for Future, que demostraron o potencial da madeira local para unha construción máis sostible, e introducíronse os obxectivos e liñas de traballo de LIFE TIMBER FOR ALL.

🏗️ Pola tarde, os asistentes participaron en visitas a obras con forxados mixtos, onde puideron coñecer de primeira man a aplicación real destas tipoloxías construtivas en Galicia.

🤝 En LIFE TIMBER FOR ALL participan 10 socios de España, entre universidades, centros tecnolóxicos, empresas do sector da madeira e a enxeñaría, administracións públicas e entidades de innovación:

Grazas a todas as persoas e entidades que participaron nesta xornada de inicio e que acompañarán este camiño cara a unha construción máis sostible, descarbonizada e industrializada.

Consultar para máis información ou visita a web do proxecto

Life Timber for all