Pemade

Life

LIFE EcoTimberCell

Sistemas estruturais celulares ecolóxicos para unha edificación modelo de mitigación do cambio climático e posta en valor do sector forestal (LIFE 17 CCM/ES/74)

Periodo: 2017–2020

Orzamento: Cofinanciado polo Programa LIFE da Unión Europea. Orzamento total: 2.003.142 €

Consorcio:

  • PEMADE – Universidade de Santiago de Compostela (Coordinador)
  • 3edata (Coordinación técnico-administrativa)
  • ITEC (Instituto de Tecnoloxía da Construción de Cataluña)
  • Betanzos HB
  • CETEMAS (Centro Tecnolóxico e Forestal da Madeira)

O proxecto céntrase en reducir a pegada de carbono na edificación mediante o desenvolvemento de produtos construtivos de madeira local certificada. O sistema EcoTimberCell (ETC) permite crear vivendas de consumo case nulo, substituíndo materiais de alta enerxía (aceiro/formigón) por sumidoiros de CO₂.

Resultados esperados:

Desenvolvemento dos sistemas construtivos EcoTimberCell (ETC), módulos habitacionais ETC para proxectar vivendas unifamiliares pasivas de consumo case nulo.

Potenciar o consumo de madeira de proximidade procedente de xestión forestal sostible.

Impulsar o cambio no modelo construtivo convencional de alta pegada de CO₂.

Web: https://www.life-ecotimbercell.eu/