Life Timber for all
Descarbonización de estruturas de formigón mediante o almacenamento de carbono en sistemas estruturais mixtos de madeira e formigón para unha arquitectura industrializada sostible na Nova Bauhaus Europea
Periodo: 2025–2029
Orzamento: Enmárcase no Programa LIFE da UE de Mitigación do Cambio Climático, con un orzamento total de 3,27 millóns de euros, financiado pola Comisión Europea a través da Axencia Executiva Europea para o Clima, Infraestruturas e Medio Ambiente (CINEA).
Consorcio:
- PEMADE – Universidade de Santiago de Compostela (Coordinador)
- Grupo Rodiñas
- Xilonor
- 3edata
- Universidade de Granada
- Institut de Tecnologia de la Construcció de Catalunya
- Institut d’Arquitectura Avançada de Catalunya
- Clúster da Madeira e Deseño de Galicia
- Fundación Galicia Constrúe (Clúster da Construción)
- Axencia Galega da Industria Forestal (XERA)
Resumo do proxecto:
LIFE TIMBER FOR ALL busca que todos os edificios incorporen madeira sostible e industrializada para alcanzar un equilibrio entre o formigón e a madeira, harmonizando ambos materiais, almacenando carbono a longo prazo e reducindo a cantidade total de formigón e aceiro (e as emisións asociadas de GEI). A hibridación permite solucións óptimas para construcións nas que a madeira soa actualmente é inviable, reducindo ademais custos respecto a solucións só con madeira. O proxecto tamén promove a descarbonización do formigón con cinza de biomasa.
Desenvolverase unha familia de sistemas estruturais compostos madeira-formigón (ROD-TCC), xunto con medidas complementarias para superar barreiras e impulsar a construción con madeira:
- Certificación do rendemento dos sistemas e do carbono almacenado.
- Pasaporte dixital de produto para garantir transparencia e demostrar a orixe local da madeira e a xestión forestal sostible.
- Aplicación dos principios da Nova Bauhaus Europea para que a madeira, fermosa e sostible, chegue a todas as persoas e comunidades locais.
- Comercialización e difusión para promover replicabilidade e maximizar o impacto do proxecto.
Os resultados do proxecto presentarase nun edificio demostrativo que integrará os sistemas ROD-TCC e os principios da NEB, primeiro de moitos necesarios para unha construción industrializada sostible para todos.
Resultados esperados:
- Desenvolvemento dunha familia de 4 sistemas estruturais mixtos madeira-formigón (ROD-TCC) e 1 sistema replicado en Andalucía: IB-Compact.
- Creación de formigón baixo en carbono (con cinza de biomasa) para uso estrutural.
- Publicación do EAD (Documento de Avaliación Europeo) para sistemas compostos madeira-formigón TCC, e obtención do Marcado CE e EPD (Declaración Ambiental de Produto) para Rod-Compact e Rod-Alveo.
- Implementación dun Pasaporte Dixital de Produto (DPP) para sistemas ROD-TCC, integrando un sistema de trazabilidade da madeira.
- Xeneración dunha Metodoloxía de carbono en Construcción e Edificación, integrada no sistema voluntario de créditos de carbono da Xunta de Galicia.
- Desenvolvemento dunha metodoloxía NEB aplicable ao deseño de produtos e edificios.
- Creación dunha guía e protocolos de compra verde público e privado para a construción con madeira.
- Construción dun edificio demostrativo LIFE TIMBER FOR ALL.